LEIRALONGA

A cociña natural

Leiralonga somos dúas rapazas que queremos vivir na nosa terra e da nosa terra. Facemos comida ecolóxica tendo como base as verduras e hortalizas das hortas eco de Carral, principalmente A Horta de Ana, e produtos artesáns locais. Na nosa cociña mestúrase a tradición da cociña galega con alimentos de recente introdución e receitas do mundo. Dependemos totalmente dos ciclos da natureza, xa que traballamos só con produtos de tempada. Temos dúas variedades de catering: Pinchos e De pota. E o noso produto estrela é a empanada. Desde hai un tempo, tamén facemos pan de masa nai con fariñas variadas. Somos un desastre coas tecnoloxías, o mellor é que chamedes e probedes… 629 446 351 / 655 082 148

A COCIÑA

Artesanal e sen ningunha présa

En Leiralonga non empregamos produtos conxelados nin precociñados. Na nosa cociña tampouco hai aluminio nin materiais contaminantes. Todo se coce a lume lento, na pota ou no forno, e todo se corta e se prepara á man. Presentamos a comida con menaxe biodegradable ou reutilizable. Implicámonos persoalmente en cada proxecto. Vaia, que Leiralonga é máis ben unha filosofía de vida ;)

AS PERSOAS

Un proxecto de vida

Leiralonga somos Débora e Manuela. Fundamos Leiralonga no ano 2013, como un proxecto de vida. Comezamos cultivando unha hortiña ecolóxica, e facendo algunhas comidas coas nosas verduras. Pouco a pouco, a nosa cociña foi recibindo máis encargos ata que acabamos especializándonos en caterings e comidas naturais para todo tipo de eventos. Sempre estamos argallando novas receitas e proxectos. Estamos en Carral, alí temos a nosa cociña e base de operacións.